As mil e unha
FalaRedes non podía faltar en 2026 á súa cita coas Letras Galegas.
Como primeira actividade deste ano, propón unha peza infantil e familiar que permita achegarlle á xente miúda da casa a obra da figura homenaxeada: Begoña Caamaño. A narradora Vero Rilo únese ao músico Luís Iglesia nunha proposta que repara na súa faceta de xornalista e mais na de narradora e revisora de mitos. Porque... que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo? Todo será posible para quen acompañe a emisión do programa radiofónico As mil e unha, cheo de historias e de música que nos achegan a Begoña Caamaño.
|
As mil e unha |
|||
|
Data e hora |
Lugar |
Concello |
Provincia |
|
18 de abril, ás 18.30 h |
Auditorio do Centro de Día |
O Pereiro de Aguiar |
Ourense |
|
19 de abril, ás 17.30 h |
Igrexa da Madalena |
Ribadavia |
Ourense |
|
2 de maio, ás 12.30 h |
Auditorio Municipal |
Mondoñedo |
Lugo |
|
7 de maio, ás 18.00 h |
Espazo Apego (rúa República do Salvador, 12). Inscricións desde mediados de abril en http://apego.gal/tag/espazo-apego-santiago |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
|
8 de maio, ás 18.00 h |
Casino |
Noia |
A Coruña |
|
10 de maio, ás 18.30 h |
Casa da Cultura |
Porto do Son |
A Coruña |
|
14 de maio, ás 12.30 h |
Auditorio |
Verín |
Ourense |
|
14 de maio, ás 19.00 h |
Teatro Principal |
A Estrada |
Pontevedra |
|
22 de maio, ás 17.30 h |
Biblioteca |
Melide |
A Coruña |
|
23 de maio, ás 12.30 h |
Praza do Concello |
Lalín |
Pontevedra |
|
23 de maio, ás 19.00 h |
Auditorio Emilia Pardo Bazán |
Sanxenxo |
Pontevedra |
|
24 de maio, ás 19.00 h |
Escola Habanera |
Guitiriz |
Lugo |
|
29 de maio, ás 18.00 h |
Casa da Cultura |
Viana do Bolo |
Ourense |
|
30 de maio, ás 12.00 h |
Casa Cultural Lustres Rivas |
Ribeira |
A Coruña |
|
30 de maio, ás 19.00 h |
Auditorio |
Nigrán |
Pontevedra |
|
31 de maio, ás 18.00 h |
Edificio Multiúsos |
Monforte de Lemos |
Lugo |
|
6 de xuño, ás 17.00 h |
Pazo da Peregrina |
Bertamiráns |
A Coruña |