SERVIZOS

Tradución e interpretación xurada

A internacionalización das relacións sociais comporta, con frecuencia, a conveniencia de contar con traducións fidedignas do galego a outras linguas, e viceversa, especialmente en textos e actuacións en materia xurídica, administrativa e económica.

Co fin de regular esas funcións, a Secretaría Xeral da Lingua xestiona o Rexistro de profesionais da tradución e da interpretación xurada e outorga as habilitacións oficiais necesarias para o seu exercicio. Ao mesmo tempo, pon ao dispor da sociedade unha base de datos de profesionais habilitados para a tradución e a interpretación, co fin de facilitar o acceso aos seus servizos.

Habilitación directa e probas para a tradución e a interpretación xurada

A Secretaría Xeral da Lingua está a tramitar a modificación do Decreto 267/2002, do 13 de xuño, polo que se regula a habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada doutras linguas ao galego e viceversa, dentro dun proceso de actualización para adaptalo á nova estrutura e configuración das ensinanzas universitarias, de acordo cos criterios establecidos no Espazo Europeo de Educación Superior.  

Rexistro de profesionais

Relación de profesionais da tradución e da interpretación xurada do galego para outras linguas e viceversa

Só figuran os/as profesionais que autorizaron expresamente a publicación dos seus datos na web. Se algunha persoa máis, das inscritas no Rexistro Oficial, desexa figurar nesta lista, só ten que solicitalo á caixa de correo sxpl.asesoramentolingua@xunta.gal. Igualmente, poderase empregar a mesma caixa de correo para solicitar a modificación ou actualización dos datos que figuran nas listas.

Asesoramiento lingüístico

Teléfono: 881 996 315 / 881 996 316 / 881 996 329 / 881 996 518
Fax: 981 54 44 24

-Dirección física

R/ San Roque, nº2
15704 - Santiago de Compostela (A Coruña)

Documentos relacionados

  • Listaxe de profesionais da tradución e interpretación xurada (actualizada a marzo de 2026) PDF

  • Guía para a preparación das probas (mostra de probas, criterios de valoración, bibliografía...) PDF

  • Información xeral sobre tradución en interpretación xurada PDF