Begoña Caamaño, O transgredir das ondas
Velaquí unha proposta teatral arredor da autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2026.
Conta con texto de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e está interpretada por Rocío González, da compañía Berrobambán. A actriz dálle vida a unha xornalista que recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e que decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora. A partir da relación entre as anotacións no diario e os diferentes momentos da vida profesional de Caamaño, vaise reconstruíndo ante o público a traxectoria dunha creadora excepcional, implicada co feminismo e cos diversos movementos sociais en que participou. Porén, durante a gravación deste podcast aparecerán diversos problemas técnicos que transformarán as ideas iniciais da xornalista e influirán de forma decisiva no seu relato, como se o propio espírito de Begoña quixese puntualizar algunhas das pasaxes narradas e, ao igual ca as protagonistas das súas novelas, ser dona da súa propia historia.
|
Begoña Caamaño: o transgredir das ondas |
|||
|
Data e hora |
Lugar |
Concello |
Provincia |
|
2 de maio, ás 19.00 h |
Auditorio |
Vilalba |
Lugo |
|
8 de maio, ás 20.00 h |
Salón de actos da Casa do Concello |
Silleda |
Pontevedra |
|
9 de maio, ás 20.30 h |
Centro Cultural A Fábrica | Oleiros | A Coruña |
|
10 de maio, ás 20.00 h |
Auditorio Municipal |
Quiroga |
Lugo |
|
15 de maio, ás 19.00 h |
Auditorio |
Cangas |
Pontevedra |
|
16 de maio, ás 20.30 h |
Auditorio do Centro Cultural |
Muros |
A Coruña |
|
17 de maio, ás 19.30 h |
Teatro Pastor Díaz |
Viveiro |
Lugo |