Serán validables polo Certificado de lingua galega 5 (Celga 5):
Universidades
Título de licenciado en Filoloxía galega ou Filoloxía hispánica (subsección galego-portugués)
Título de grao en Lingua e literatura galega, en Estudos de galego e español e en Galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios.
Calquera outro título de licenciatura, diplomatura ou grao, sempre que se acompañe da certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos de lingua galega e se estea en posesión do Celga 4. Estes créditos deben pertencer a materias cuxos contidos sexan específicos de lingua galega. Polo tanto, non se terán en conta materias tales como literatura galega, historia da lingua galega, didáctica da lingua galega, tradución...
EOI
Certificado do ciclo superior de galego, expedido polas escolas oficiais de idiomas conforme ao programa previsto no Real decreto 47/1992, do 24 de xaneiro
Certificado do nivel C2 de lingua galega do Marco Europeo Común de referencia para as linguas