Teatro en Roma para celebrar as Letras Galegas

Con motivo das Letras Galegas, o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Roma La Sapienza convida a acudir á representación da peza teatral Romano, de Lino Braxe, a cargo do grupo Espello Cóncavo.

Teatro en Roma para celebrar as Letras Galegas
Teatro en Roma para celebrar as Letras Galegas

O acto terá lugar o día 14 de maio, ás 18:30 h, na sede do Instituto Cervantes, na céntrica Piazza Navona. A obra poñerase en escena en galego, aínda que se lles repartirá o texto impreso en italiano a aquelas persoas que o soliciten. Tamén se representará en Padua o día 13 e en Perugia o día 15.