Seminario e concerto de Samuel Diz

O guitarrista e investigador galego Samuel Diz estará na Universidade de Cork o xoves 10 de decembro para ofrecer un día de actividades relacionadas coa música clásica galega.

Seminario e concerto de Samuel Diz
Seminario e concerto de Samuel Diz
De 11 a 13h, Diz dará un relatorio sobre o papel da música na Xeración do 27 a través do estudo das composicións de Jesús Bal y Gay, que participou activamente na actualización e anovación da linguaxe musical española. Pola tarde, ás 18h, haberá un concerto de guitarra no que Diz ofrecerá unha nova perspectiva sobre o papel da guitarra na Xeración do 27, no que se incluirá música de Manuel de Falla, Jesús Bal y Gay e Frederic Mompou, entre outros.

Documentos relacionados

  • Seminario e concerto de Samuel Diz PDF