Proyectarlo al exterior
Presentación do proxecto de documental "Sitio distinto: unha historia entre dous pobos"
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco organiza unha conferencia en que se presentará o proxecto de película documental Sitio distinto. Unha historia entre dous pobos. O relatorio será impartido por Davide Cabaleiro, director e produtor do proxecto.
Sitio Distinto é unha película-documental, aínda en proceso de elaboración, que amosa a historia da emigración galega en Euskadi ao longo de 120 anos e a estreita relación que este encontro xerou entre dúas culturas milenarias. O seu produtor e director falará do porqué deste proxecto, das súas intencións e motivacións.
Terá lugar en Vitoria, na aula 0.16 da Facultade de Letras, o 27 de abril ásl 11:00 horas.
Documentos relacionados
-
Cartel PDF