Literatura galega de ida e volta. O caso do francés
Actividade do CEG de París. Intervención de Ana Luna Alonso (profesora de tradución na Uvigo), na Sorbonne Nouvelle, para a presentación do grupo de tradución Bitraga, da Uvigo.
O grupo de investigación BITRAGA da Universidade de Vigo ten como obxectivo xeral, desde a súa creación en 2004, compilar as traducións desde e cara ao galego no Catálogo da Tradución Galega. Alicerce das súas reflexións, esta ferramenta é un espazo de documentación que impulsa a produción científica, o intercambio e o diálogo internacional relacionados cos Estudos da Tradución. A modo de estudo de caso, trataremos dos diálogos entre o francés e o galego e viceversa.
Martes 15 de novembro, 15h, sala A202, campus Nation.
Documentos relacionados
-
Cartel PNG