Mesa redonda "Os novos desafíos lingüísticos: migración e turismo"

Actividade da Universidade do Algarve.

Mesa redonda "Os novos desafíos lingüísticos: migración e turismo" na que intervirán distintos profesores da Universidade do Algarve. Realizarase, de maneira presencial, o próximo venres, 22 de novembro, ás 18:00 h na Livraria Fnac de Faro.

O obxecto desta mesa redonda é afondar nos desafíos e oportunidades que a migración e o turismo representan para o panorama lingüístico actual. Desde unha abordaxe multilingüe (galego, castelán, inglés, francés e portugués), reflexionarase sobre o enriquecemento da diversidade lingüística que os migrantes achegan, así como sobre os procesos de integración e aculturación que afectan tanto á comunidade inmigrante como á sociedade de integración. Alén diso, abordarase tamén o impacto do turismo sobre as linguas autóctonas e as consecuencias para as prácticas lingüísticas locais. 

Documentos relacionados