Risco representa unha das personalidades máis complexas e relevantes da Xeración Nós. O autor destaca polo seu carácter individualista e conflictivo, que reflectiría en moitas das súas obras.
Afonso X, rei de Castela e León, foi un dos máis importantes mecenas literarios de Europa. Cos autores da súa corte deu forma ás Cantigas de Santa María, xoia da literatura medieval galego-portuguesa.
Manuel Antonio é o principal poeta das vangardas galegas. Na súa obra soubo recoller as novas correntes europeas e hispanoamericanas, adaptándoas á nosa literatura.
A obra narrativa de López Ferreiro, continuador da liña romántica, consolidou un conxunto de valores que serviron como base na reconstrución da consciencia histórica do ser galego.
Villar Ponte dedicouse especialmente ao cultivo do xornalismo. Principal prosista da xeración das Irmandades da Fala, artellou a renovación ideolóxica do noso nacionalismo.
Poeta e autor teatral, coñecido como o Poeta da Raza, Cabanillas está considerado unha das voces máis destacadas da literatura do século XX.
Xoan Manuel Pintos encádrase na primeira xeración provincialista dos Precursores. Foi unha das figuras máis destacadas deste grupo polo seu uso case exclusivo da lingua galega.
Implicado nas Irmandades da Fala, que chegaría a presidir e inspirar, Xohán Vicente Viqueira promoveu a modernización e galeguización do noso sistema educativo.
Os estudos eclesiásticos de Lago González, que chegaría a ser arcebispo de Compostela, marcaron a súa obra poética, na que impuxo a rixidez da norma e o canon fuxindo de innovacións.
Lamas Carvajal, adscrito á Xeración de 1868, é un dos autores máis significativos do Rexurdimento pleno. Editou o diario O Tío Marcos da Portela, o primeiro escrito integramente en galego.