Videoclip de presentación do disco Camiño da vida tola, terceiro traballo do grupo de música tradicional Carapaus. A peza que se recolle neste audiovisual é "Muiñeira e xota do Viqueira". Interveñen bailadoras e bailadores das agrupacións A. C. Campio, O. C. T. Ultreia e Armadanzas de Laraño.