Cinema en galego no Bierzo e Sanabria

Con motivo do 25 aniversario do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e mais a Junta de Castilla y León e diferentes concellos da zona, organizan este ciclo de cinema orientado a reforzar o galego nas zonas galegofalantes que están fóra de Galicia. A iniciativa conta tamén co apoio de entidades como o Consello Comarcal do Bierzo, o Instituto de Estudos Bercianos, Edicións Positivas e a Real Academia Galega.

Os filmes proxectaranse en formato de cinema de verán no exterior, con gran pantalla, entre o 12 e o 24 de xuño nas localidades da Comunidade de Castela e León que contan con centros educativos adscritos ao Programa de promoción do galego no Bierzo e Sanabria: Cacabelos, Camponaraya, Carucedo, Corullón, Cubillos del Sil, Ponferrada, Puente de Domingo Flórez, Toral de los Vados, Toral de Merayo, Villafranca del Bierzo e Lubián. O obxectivo é ofrecer unha actividade atractiva con motivo do 25 aniversario do citado programa a e que, ao mesmo tempo, poida dirixirse a toda a poboación e non só ao alumnado dos centros.

Lugar Película Localización Data Hora
Camponaraya Cuñados Xardíns da Casa Ucieda  12/6/26   22:30 
Villafranca del Bierzo Salta! Xardín da Alameda  13/6/26  22:30
Lubián Cuñados Praza de Fontabella  14/6/26  22:30
Corullón Chicken Run: Amencer dos nuggets Praza do Concello  16/6/26  22:30
Toral de los Vados Cuñados Praza da Estación  18/6/26  22:30
Puente de Domingo Flórez Salta! Praza do Toral  19/6/26  22:30
Carucedo Cuñados Praza da Igrexa  20/6/26  22:30
Cacabelos Cuñados Praza Maior  21/6/26  21:00
Toral de Merayo Chicken Run: Amencer dos nuggets Praza do Nogaledo  22/6/26  19:00
Cubillos del Sil  +Cuñados Praza Doutor Fernández Marqués  23/6/26  22:15
Ponferrada Salta! Aparcadoiro da Escola de Idiomas  24/6/26  22:30