Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Nos seguintes enlaces web pódense descargar os elementos de imaxe corporativa e logos dos produtos do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 que rexen para a xustificación correcta dos proxectos seleccionados e aprobados.
O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan os III Premios de Podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”.
A Secretaría xeral de Política Lingüística pon en marcha, no marco da programación institucional conmemorativa das Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia, a actividade Xela Arias. Poeta nas marxes, coa que fai partícipe á Rede de Dinamización Lingüística da homenaxe á autora anfitrioa deste 17 de maio con proxeccións audiovisuais do documental homónimo dirixido por Beatriz Pereira e un coloquio posterior arredor da súa figura, vida e obra.
Os capítulos da coñecida serie dos Bolechas están desde hoxe no Portal da Lingua Galega con subtítulos en lingua de signos para resultaren accesibles a persoas xordas ou con discapacidade auditiva.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colaborou coa Real Academia Galega nesta serie documental en seis capítulos que nos achega á vida e á obra da autora das Letras Galegas 2021 coa guía das propias palabras da homenaxeada.