Vídeo da mostra promovida pola Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2022. A exposición percorre ao longo do ano diversas localidades galegas, con itinerancias en concellos da Rede de dinamización lingüística da Xunta e en bibliotecas da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para difundir a figura, a vida, a obra e o contexto histórico que lle tocou vivir a Florencio Delgado Gurriarán.
Nos seguintes enlaces web pódense descargar os elementos de imaxe corporativa e logos dos produtos do TeCe Redes en galego ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021/22, que rexen para a xustificación correcta dos proxectos seleccionados e aprobados.
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Resolveuse o IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte ... nas Ondas!
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), co fin de divulgar a figura e o legado de Florencio Delgado Gurriarán, pon á vosa disposición os carteis da exposición gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas, da categoría A, correspondente á educación infantil e primaria, e mais a guía didáctica correspondente. Así mesmo, ofrece unha exposición e unha guía didáctica para a educación secundaria, bacharelato, formación profesional e outras ensinanzas.
A Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, en colaboración con Xurdir S.L., organiza a VIII edición da Carreira Camiño das Letras, que busca unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago.
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.