Nun mar azul

A asociación Familias Azuis, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, creou o videoclip Nun mar azul cuxo obxectivo é promover a diversidade en todos os ámbitos da vida, dende a diversidade lingüística ata a diversidade funcional.

Nun mar azul
Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul
Presentación do videoclip Nun mar azul

O videoclip, con letra e música de Raquel e Chus Domínguez, está interpretado por Uxía, Magín Blanco, Gustavo Domínguez, Isaac Palacín e mais Pablo Ces e conta coa colaboración dos nenos e nenas do Morrazo. É unha creación de OliconH, con animación de Nacho Laya e pictogramas en galego deseñados por Paxi da Silva. Foi gravado na praia de Pinténs (Cangas, Pontevedra) .

Familias Azuis convida a espallar polas redes sociais este audiovisual de xeito que, entre todos, creemos na web un gran mar azul que convide a sociedade a achegarse ás persoas con TEA (trastorno do espectro autista), facer un esforzo de comunicación e de ruptura de barreiras con elas e apreciar as súas potencialidades.

O vídeo será presentado o día 3 de decembro, Día da Discapacidade, no stand da Xunta de Galicia no Culturgal ás 17:30 horas.

A asociación Familias Azuis, creada este 2017, ten o obxectivo de lograr o benestar das persoas con TEA.