Diario Cultural Colmeiro na onda de Begoña Caamaño
Centro: IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, Silleda (Pontevedra)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Retransmisión do case profesional magacine de radio realizado integramente polo alumnado do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro e dedicado á xornalista radiofónica e escritora protagonista das Letras Galegas deste ano. A emisión en directo tivo lugar o 15 de maio dende o auditorio da Semana Verde de Silleda, ateigado de público, entre o que estaban algúns académicos da RAG. Ao longo de case dúas horas de duración, ademais das actividades específicas de homenaxe a Begoña Caamaño tamén houbo outras sorpresas, como representacións teatrais ou a actuación en directo da artista Pauliña.