Só a verdade (exposición)
Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
O EDLG do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda achéganos as últimas actividades desenvolvidas arredor de Begoña Caamaño. Entre elas, atopamos a cartelaría gañadora do concurso das Letras Galegas promovido pola SXL, unha fotomontaxe na honra da autora e os carteis das súas obras máis senlleiras.
Alén do concurso anual de banda deseñada, dedicado a Begoña, tamén se quixo salientar a súa faceta de xornalista radiofónica cun programa de entrevistas a persoas chegadas de fóra de Galicia e dous traballos sobre xeopolítica. A música tamén cobrou protagonismo coa peza preferida da escritora viguesa, o Alalá das Mariñas, que interpretou unha alumna e un profesor deste emblemático instituto coruñés.