As sete boinas do aviador
A compañía Fantoches Baj presenta no FalaRedes a súa peza de teatro de monicreques para todos os públicos As sete boinas do aviador, onde se recrea a xesta do galego Joaquín Loriga, quen, hai agora 100 anos, cruzou os ceos para completar o impresionante raid Madrid-Manila. Este mes de maio Ponteceso, Mugardos, Palas de Rei, Teo e Vilagarcía de Arousa coñecerán a aventura do intrépido heroe galego grazas á Rede de Dinamización Lingüística.
|
As sete boinas do aviador |
|||
|
Data e hora |
Lugar |
Concello |
Provincia |
|
2 de maio, ás 18.00 h |
Edificio das escolas |
Ponteceso |
A Coruña |
|
8 de maio, ás 19.00 h |
Casino de Franza |
Mugardos |
A Coruña |
|
9 de maio, ás 17.00 h |
Casa da Cultura | Palas de Rei | Lugo |
|
22 de maio, ás 18.00 h |
Auditorio da Ramallosa |
Teo |
A Coruña |
|
23 de maio, ás 18.00 h |
Salón García |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |