Obradoiro con De Vacas
Humor, retranca e nova oralidade son os ingredientes deste taller que o coñecido grupo De Vacas, que celebra en 2026 o seu décimo aniversario, desenvolverá coas agrupacións corais Canta Noia, OMM Carlos Barruso, Os d'aquí de Meira, Son Outeiro e Coral de Vilaxoán.
A actividade céntrase no traballo do repertorio característico da formación: letras con retranca, perspectiva de xénero, harmonización de cancións modernas e uso vivo e contemporáneo do galego, que se reforzará como ferramenta expresiva contemporánea e versátil. Durante o obradoiro, as persoas participantes experimentarán coa oralidade, xogando coa palabra, o ritmo e a intención comunicativa para transformar temas coñecidos en pezas corais cheas de frescura.
|
Obradoiro con De Vacas |
|||
|
Data e hora |
Lugar |
Concello |
Provincia |
|
27 de xuño, ás 10.00 h |
Local de ensaio Prudencio Romo (Coro Canta para Noia) |
Noia |
A Coruña |
|
11 de setembro, ás 17.00 h |
Centro Cultural (Coro Son Outeiro) |
Outeiro de Rei |
Lugo |
|
11 de outubro, ás 17.00 h |
Salón de actos do Centro Cultural (Coro Os d’aquí de Meira) |
Meira |
Lugo |
|
13 de outubro, ás 10.00 h |
Teatro Principal (Coro OMM Carlos Barruso) |
A Estrada |
Pontevedra |
|
5 de novembro |
Vilaxoán (Coral Máximo Patiño) |
VIlagarcía de Arousa |
Pontevedra |