A terceira das actividades do FalaRedes 2016 chegará, durante a primavera, a dezaoito concellos da Rede de Dinamización Lingüística para ofrecerlle ao público familiar con cativada de 0 a 5 anos unha opción de ocio de calidade en galego e un amplo repertorio de cancións coas que acompañar os momentos cotiáns do universo miúdo.
FalaRedes ábrese cunha actividade de dinamización lingüística que é tamén unha homenaxe a Manuel María, o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Con ela, a Secretaría Xeral de Política Lingüística réndelle tributo ao poeta do pobo e fai partícipe desta celebración á Rede de Dinamización Lingüística.
O comité de expertos encargado do seguimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias emitiu en xaneiro de 2016 o seu cuarto informe para España, relativo ao cumprimento deste tratado internacional no período 2010-2013. A partir deste documento, o Consello de Europa fai 6 recomendacións que as autoridades deberán seguir para garantir o cumprimento da Carta.