LETRAS GALEGAS
2022 - Florencio Delgado Gurriarán
Florencio Delgado Gurriarán nace en Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903, no seo dunha familia acomodada. Sexto dos fillos do matrimonio, foi poeta, editor, corrector e tradutor, escribiu artigos de prensa e traballos de léxico. Foi tamén un extraordinario activista político e cultural, un dos principais intermediarios entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior e ponte de unión coa intelectualidade doutras orixes.
Os seus primeiros anos transcorren na casa familiar da aldea, na bocarribeira do Sil; unha paisaxe de terras de labor consagradas desde antigo ao cultivo das videiras, que vai ter unha presenza constante nos seus versos.
Aos seis anos marcha a Ourense e aos 10 a Palencia, onde estuda o bacharelato; son traslados forzosos, motivados polo traballo do seu pai, enxeñeiro agrónomo. En Valladolid cursa a carreira de Dereito. Daquela coñece o xornal A Nosa Terra e descobre que non é “un Robinsón do galeguismo”. Anteriormente lera a Rosalía, Curros e Cabanillas na biblioteca da casa corgomesa, lecturas que espertarían a súa vocación poética.
En 1928, cando o seu pai se asenta na Coruña, el retorna a Valdeorras e prepara as oposicións para rexistrador. Traballa nun bufete do Barco de Valdeorras, organiza festas e promove actividades culturais.
Nesa época comeza a publicar os primeiros versos en xornais e revistas como Heraldo de Galicia e A Nosa Terra. En 1934 sae do prelo o seu primeiro poemario, Bebedeira, unha obra de exaltación da terra natal próxima ao hilozoísmo de Amado Carballo, moi ben acollida pola crítica.
O seu compromiso con Galicia fai que se achegue aos labores en prol da lingua como membro das Irmandades da Fala, sexa socio protector do Seminario de Estudos Galegos e en 1933 ingrese no Partido Galeguista. Neste tempo relaciónase con Castelao, Alexandre Bóveda e Otero Pedrayo e con eles participa na campaña a prol do Estatuto de autonomía.
En 1936, co comezo da Guerra Civil, ten que marchar a Portugal e desde alí a Francia. Dous anos despois trasládase á Barcelona republicana; noméano secretario de propaganda do Partido Galeguista, publica poesía de combate e xestiona a saída de guerrilleiros por Portugal. En 1939, xa desde Francia, organiza a evacuación dos refuxiados a América e parte no buque Ipanema canda 997 exiliados máis, con destino a Veracruz.
En México participa activamente na vida cultural dos galegos emigrados e funda, con Illa Couto e Carlos Velo, a revista Saudade. En 1943, colabora no libro Cancioneiro da loita galega cunha serie de poemas asinados co pseudónimo de Nadel. Participa tamén na obra Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) con traducións do francés de Rimbaud, Mallarmé, Valéri e outros.
Nos anos cincuenta foi o promotor de iniciativas como o Padroado da Cultura Galega en México (creado en 1953) e editou, con Carlos Velo e Luis Soto, Vieiros, a revista máis importante do exilio galego. En 1963, publica o libro Galicia Infinda, no que inclúe unha serie de poemas con temática mexicana.
En 1968, despois de 32 anos, volve a Valdeorras. Regresa outra vez en 1976, con Celia, a súa muller, e, xa por último, en 1981. Desta vez, toma posesión como Membro de Mérito do Instituto de Estudos Valdeorreses e é recoñecido como membro correspondente da Real Academia Galega. Tamén neste mesmo ano aparece Cantarenas, que recolle poemas xa editados en Bebedeira e Galicia infinda a canda outros de recente creación dedicados ao viño. En 1986, publica O soño do guieiro, un libro en homenaxe a Castelao no que destacan os seus poemas de loita e compromiso.
O día 14 de maio de 1987, aos 84 anos, morre en Fair Oaks (California) na casa dunha das súas fillas. As súas cinzas repousan no cemiterio de Córgomo, á vista da súa amada Valdeorras, a onde sempre quixo volver.
En 2021, a Real Academia Galega acorda dedicarlle o Día das Letras Galegas 2022. A través da súa figura tamén se homenaxea, por primeira vez, a Galicia do exilio republicano en México.
Documentos relacionados
-
Programación institucional Letras Galegas 2022 PDF
Ligazóns relacionadas
Exposicións
Actividades dinamizadoras nos centros
IES Monte das Moas, A Coruña (A Coruña)
Recitado de Florencio Delgado Gurriarán
CEIP de Figueiroa, A Estrada (Pontevedra)
Recitado do poema "Muiñada" de Florencio Delgado Gurriarán
CEIP Mestre Manuel García, Oia (Pontevedra)
Coreografía e linguaxe de sinais da canción Terra
CPR Plurilingüe La Milagrosa, Lugo (Lugo)
Vídeo sobre Florencio Delgado Gurriarán
CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña (A Coruña)
Mes das Letras Galegas
IES San Paio, Tui (Pontevedra)
Korgomofilalfabeto
CEIP Emilia Pardo Bazán, A Coruña (A Coruña)
Bo día, cativada do Emilia!
IES San Paio, Tui (Pontevedra)
Pasatempos de Florencio Delgado Gurriarán
IES San Paio, Tui (Pontevedra)
Corgomófilo en 20 diapositivas
Escolas Católicas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Festa da Lingua virtual 2022
Escolas Católicas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Día das Letras Galegas 2022
CEIP Plurilingüe de Covas, Viveiro (Lugo)
Genially sobre Florencio Delgado Gurriarán
IES de Ribadeo Dionisio Gamallo (Ribadeo, Lugo)
Concurso "Canto sabes das nosas Letras?"
CEIP Joaquín Rodríguez Otero - Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Letras Galegas 2022
CEIP Nosa Señora de Xuvencos, Boborás (Ourense)
Materiais e recursos para coñecer a Florencio Delgado Gurriarán
EPAPU de Ourense, Ourense (Ourense)
Descubrindo a Florencio Delgado Gurriarán
EEI Fingoi nº 2, Lugo (Lugo)
Florencio Delgado Gurriarán. Diario de a bordo
IES Virxe do Mar, Noia (A Coruña)
Vente, ventiño
CPR Plurilingüe Divina Pastora, Ourense (Ourense)
Canción Día das letras galegas. Florencio Delgado Gurriarán
CPR Plurilingüe Divina Pastora, Ourense (Ourense)
Aí vén o maio. Poema de Florencio Delgado Gurriarán
CPR Plurilingüe Concepción Arenal, Ourense (Ourense)
O poeta do agro no exilio
Seminario Galán (A Coruña)
Florencio Delgado Gurriarán en lingua de signos
EOI Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Concurso Canto sabes de Florencio Delgado Gurriarán?
IES A Cachada, Boiro (A Coruña)
Pasapalabra Delgado Gurriarán
CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)
Brincaletras de Florencio Manuel Delgado Gurriarán
IES de Allariz, Allariz (Ourense)
I Certame de relato curto afeccionado
CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)
Quen quere ser millonario? Edición Letras 2022
IES Muralla Romana (Lugo)
Pasapalabras de Florencio Delgado Gurriarán
IES Muralla Romana (Lugo)
Celebramos o Día das Letras Galegas
Escolas Católicas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Certame Ipanema das Letras
CPI Dos Dices, Rois (A Coruña)
Telexornal Florencio Delgado Gurriarán
CEE A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña)
Que será, será....?
CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)
Videoxogo de Florencio Delgado Gurriarán
CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)
Enche os ocos... de Florencio Delgado Gurriarán
CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)
Encrucillado de Florencio Delgado Gurriarán
CEIP Plurilingúe Seixalbo, Ourense (Ourense)
Vídeo homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán
IES Félix Muriel de Rianxo, Rianxo (A Coruña)
E ti canto sabes de Florencio Delgado Gurriarán?
CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)
Xogo de memoria das Letras Galegas
Seminario Galán (A Coruña)
Letras Galegas 2022 (Florencio Manuel Delgado Gurriarán)
IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)
Concurso Europeo de Marcapáxinas Florencio Delgado Gurriarán
CPR Plurilingüe San Pío X (Ourense)
Vídeo homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán
CEIP O Carballal, Marín (Pontevedra)
Videoclip "Autoxenreira" de Florencio Manuel Delgado Gurriarán
CEIP J. Fernández Latorre, CEIP Luís Seoane, CEIP Plurilingüe de Carnota, CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, CEIP Plurilingüe O Mosteirón, CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Otero Pedrayo, CEIP Salgado Torres (A Coruña) e CPR San Pío X (Ourense)
Magosto 8