A Fundación Rosalía de Castro, a Secretaría Xeral da Lingua e El Corte Inglés, convocan a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a creación poética en lingua galega e achegarlles ás novas xeracións a figura da autora máis universal das nosas letras.
RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G).
- RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua Ligazón ao DOG
RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).
- Resolución Ligazón ao DOG
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre o escritor Xosé Neira Vilas, a figura homenaxeada en 2027 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.
ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 (Código de procedemento PL500E)
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
ORDE do 7 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400B).
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Extracto da orde Ligazón ao DOG
- Corrección de erros Ligazón ao DOG
RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).
- Resolución Ligazón ao DOG
- Datas de realización das probas Ligazón ao DOG
ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 (Código de procedemento PL500F)
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXVI Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.
ORDE do 18 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400A).
- Orde Ligazón ao DOG
- Extracto Ligazón ao DOG