Axudas e subvencións

Filtrar por...

  • Departamento
  • Colectivo
  • Tema
  • Área
Temos dispoñibles para consulta 36 axudas
03/07/2020 | Axudas

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo pola que se acorda darlles publicidade ás bases para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de configurar un fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico denominado Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, e se anuncia a apertura do prazo para que as persoas físicas e xurídicas do sector cultural interesadas poidan presentar as súas iniciativas.

PRAZO: ata o 31 de xullo de 2020
11/06/2020 | Formación

Axudas a proxectos de fomento do uso do galego en centros públicos

ORDE do 2 de xuño de 2020 pola que se deixan sen efecto as bases e as convocatorias das axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública e privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2019/20 (códigos de procedemento PL500A e PL500B), como consecuencia do peche dos centros educativos por causa do COVID-19

PRAZO: do 31 de xaneiro ao 2 de marzo de 2020
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500A
11/06/2020 | Premios e certames

Subvencións a proxectos de fomento do uso do galego en centros privados

ORDE do 2 de xuño de 2020 pola que se deixan sen efecto as bases e as convocatorias das axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública e privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2019/20 (códigos de procedemento PL500A e PL500B), como consecuencia do peche dos centros educativos por causa do COVID-19

PRAZO: do 31 de xaneiro ao 2 de marzo de 2020
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500B
03/06/2020 | Axudas

Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares

PRAZO: 3 de xullo de 2020
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400B
12/07/2019 | Axudas

Resolución das axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

  • Orde do 15 de marzo de 2019 de subvencións a entidades locais para a promoción da lingua galega Ligazón ao DOG
  • EXTRACTO da Orde do 15 de marzo de 2019 de subvencións a entidades locais para a promoción da lingua galega Ligazón ao DOG
PRAZO: O prazo de xustificación remata o 21 de outubro de 2019.
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400A
27/06/2019 | Premios e certames

Resolución das subvencións aos proxectos de fomento do galego dos centros privados (PL500B)

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500B
20/05/2019 | Axudas

Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares

  • Orde do 3 de maio de 2019 de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares de niveis non universitarios Ligazón ao DOG
PRAZO: 20 de xuño de 2019
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400B
17/08/2018 | Axudas

Resolución das axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios

  • Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística do 3 de agosto de 2018 Ligazón ao DOG
  • Orde do 20 de abril de 2018 de subvencións para a edición en lingua galega Ligazón ao DOG
  • Extracto da Orde do 20 de abril de 2018 de subvencións para a edición en lingua galega Ligazón ao DOG
PRAZO: O prazo de xustificación remata o día 30 de setembro de 2018.
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED106A
13/07/2018 | Axudas

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

Publicación da resolución das axudas
  • Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases para para a concesión de subvención ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (ED115A) Ligazón ao DOG
  • EXTRACTO da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases para para a concesión de subvención ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (ED115A) Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED115A
26/06/2018 | Formación

Resolución definitiva dos proxectos de fomento do uso do galego en centros privados da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

ACORDOS do 6 de xuño de 2018 e do 15 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, polo que se publican as resolucións das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra polas que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2017/18, ao abeiro da Orde do 16 de novembro de 2017

  • ORDE do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2017/18 Ligazón ao DOG
  • EXTRACTO da Orde do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2017/18 Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED101A