Esta iniciativa xunta no seus obxectivos a posta en valor do saber e do talento científicos coa promoción da lingua galega na docencia virtual.
O grupo de innovación docente CienciaNOSA da Universidade de Santiago de Compostela (USC) publicou a nova versión en galego da Táboa periódica dos elementos, que recolle os novos elementos incorporados pola Internacional Union of Pure and Applied Chemistry (IUPAC)
Manual xurdido da colaboración entre a Xunta -a través da Secretaría Xeral da Lingua e mais da Dirección Xeral de Xustiza- e o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, dirixido pola profesora e académica correspondente Ana Isabel Boullón.
En prol dun dereito na lingua propia de Galicia.
Baixo a denominación de 'Portal xurídico galego e base de datos de lexislación galega consolidada’, este recurso telemático recolle a totalidade da lexislación galega consolidada e comentada, desde a preautonomía á actualidade. Ademais das leis, o portal acolle tamén gran parte dos decretos do executivo galego e unha cantidade importante das ordes das consellerías.
A Secretaría Xeral da Lingua pon a disposición da cidadanía materiais para a formación en linguaxe xurídica e administrativa que poderán tanto servir de apoio ao alumnado dos cursos de linguaxes de especialidade como para a guía e autoformación de todas as persoas interesadas. O obxectivo último destes materiais é mellorar a calidade dos textos orais e escritos que emanan da Administración.
Manual elaborado pola Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.
Manual elaborado pola Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.
Con máis de 65 000 entradas, o Digalego é o dicionario máis completo da lingua propia de Galicia, que a Xunta pon a disposición de toda a cidadanía grazas ao acordo entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que elaborou esta obra ao longo de 20 anos de traballo.