RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).
- Resolución Ligazón ao DOG
RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G).
- RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua Ligazón ao DOG
RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.
- Convocatoria Ligazón ao DOG
Convócanse os X premios de pódcast en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, «O Vello dos Contos», organizado por Arraianos Producións en colaboración co IES Plurilingüe Rosalía de Castro e o IES Antón Fraguas, e que contan co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e doutras institucións e entidades.
A Fundación Rosalía de Castro, a Secretaría Xeral da Lingua e El Corte Inglés, convocan a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a creación poética en lingua galega e achegarlles ás novas xeracións a figura da autora máis universal das nosas letras.
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre o escritor Xosé Neira Vilas, a figura homenaxeada en 2027 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.