Temos dispoñibles para consulta 447 convocatorias
Premios do XVI Certame de Cinema Ouff Escola
28/11/2025 08:14 Premios e certames

O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, que ten como obxectivo impulsar o uso do galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo. Así mesmo, pretende potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. O Certame vai destinado a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galicia, así como a aqueles de fóra da nosa Comunidade que teñan materias en lingua galega.

XXI Xornada de Normalización Lingüística
07/11/2025 10:00 | Formación
Xornadas Olladas no Pasado 2025
10/10/2025 10:00 Formación

Ramón Piñeiro, 110 anos (1915 - 2025)

XXV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025
03/10/2025 14:15 Premios e certames

A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.

VI Premio Morales 2026
23/09/2025 10:55 Premios e certames
Probas Celga 1, 2, 3 e 4. Resultados definitivos
03/09/2025 14:45 Probas

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
13/08/2025 13:00 Formación

ORDE do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2025 (Código de procedemento PL500F).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500F
Convocatoria de 11 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
12/08/2025 08:00 Formación

ORDE do 30 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).