Temos dispoñibles para consulta 433 convocatorias
21/01/2026 09:15 Formación

Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso académico 2025/2026 e se establecen as bases reguladoras para realizalos.

19/01/2026 10:45 Premios e certames

Convócanse os VIII Premios internacionais de pódcast Xosé Mosquera Pérez, «O Vello dos Contos», organizados polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) e Arraianos Producións coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, xunto a outras entidades.

Convocatoria de subvencións a proxectos de fomento do galego en centros privados
13/01/2026 07:45 Axudas

ORDE do 23 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2025/26 (código de procedemento PL500B).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500B
Convocatoria de axudas a proxectos de fomento do galego en centros públicos
13/01/2026 07:45 Axudas

Resolución do 23 de decembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2025/26 (código de procedemento PL500A).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500A
IV Premio de Oratoria en Formato Podcast
12/01/2026 10:25 Premios e certames

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o IV Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria —da que o escritor ourensán foi un mestre—, con técnicas actuais para a sociedade dixital.

Convocatoria do concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!
02/12/2025 16:00 Premios e certames

Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convoca o concurso de curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2025/2026

Premios do XVI Certame de Cinema Ouff Escola
28/11/2025 08:14 Premios e certames

O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, que ten como obxectivo impulsar o uso do galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo. Así mesmo, pretende potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. O Certame vai destinado a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galicia, así como a aqueles de fóra da nosa Comunidade que teñan materias en lingua galega.

XXI Xornada de Normalización Lingüística
07/11/2025 10:00 | Formación
Xornadas Olladas no Pasado 2025
10/10/2025 10:00 Formación

Ramón Piñeiro, 110 anos (1915 - 2025)

XXV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025
03/10/2025 14:15 Premios e certames

A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.