Temos dispoñibles para consulta 433 convocatorias
Probas Celga 1, 2, 3 e 4. Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas
15/04/2026 00:00 Probas

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
Lingua de Namorar 2026. Mensaxes gañadoras
14/04/2026 14:00 Premios e certames

A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Xuventude, convocan #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.

Xornada do Día das Letras Galegas, Begoña Caamaño
10/04/2026 10:45 | Formación

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a Xornada do Día das Letras Galegas.

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
07/04/2026 10:55 Axudas

ORDE do 18 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400A).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400A
Celga 4 en liña. Resultados definitivos
17/03/2026 09:55 Probas

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025 (código de procedemento PL500G).

  • RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
Cursos Celga 2, 3 e 4
13/03/2026 12:30 Formación

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

XXXVI edición dos cursos de lingua e cultura galegas: Galego sen fronteiras
10/03/2026 10:30 Formación

Organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. 

Probas Celga 2, 3 e 4. Resultados definitivos
27/02/2026 12:25 Probas

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).

  • RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
26/02/2026 11:30 Premios e certames

A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Xuventude, colabora neste concurso organizado pola Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa.

Resolución do Concurso-Exposición sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño, a quen se lle dedican as Letras Galegas 2026
13/02/2026 09:00 | Exposicións

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño, a figura homenaxeada en 2026 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.