Convocatoria 2026 de 11 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
ORDE do 8 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2026, de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).
Serán destinatarias destas bolsas as persoas graduadas universitarias nas titulacións exixidas nos proxectos de investigación que se inclúen no anexo I e nel detállanse os requisitos específicos que cómpre reunir, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.
As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada, tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria. A data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2026 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2028.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia: comezará o 23 de xuño e rematará o 22 de xullo.
Normativas relacionadas
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Extracto da Orde Ligazón ao DOG