Volver

SERVIZOS

Informes de onomástica

Asesoramento Lingüístico resolve dúbidas sobre as formas galegas dos nomes de lugares (topónimos) e de persoas (antropónimos). Elabora tamén documentos informativos de xustificación das formas galegas fronte ás castelás, para presentar no Rexistro Civil ou nos xulgados.

A Lei 40/1999, do 5 de novembro, sobre nomes e apelidos e a orde destes, engádelles á posibilidade de substituír o nome propio polo seu equivalente onomástico en calquera das linguas do Estado, a opción de regularizar ortograficamente nomes e apelidos cando a forma inscrita no rexistro non se axeite á gramática e á fonética da lingua correspondente.

Toponimia

As dúbidas sobre topónimos galegos (concellos, parroquias e lugares) pode resolvelas directamente no Nomenclátor de Galicia: http://toponimia.xunta.es

O mapa dos apelidos

O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega, en colaboración co Cesga, ofrecen na rede a posibilidade de consultar a cartografía dos apelidos de Galicia, a partir dos datos do Instituto Nacional de Estatística (2001).