- Portada
- O galego...
- Proxectalo ao exterior
- PROXECTALO NO EXTERIOR
- O galego na lusofonía O galego conéctanos cunha comunidade de case 260 millóns de persoas que falan portugués, xa que a intercomprensión entre ambas as linguas é posible sen necesidade de mediación.
- Informe Anual do Igadi e informe de acción exterior 'Nós no mundo' Publicacións do IGADI coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Áreas galegofalantes fóra de Galicia O galego é lingua oficial en Galicia, pero o seu uso esténdese máis alá das fronteiras administrativas. Chámaselle galego estremeiro ao galego falado historicamente en territorios da antiga Gallaecia, que hoxe pertencen ás provincias de Asturias, de León e de Zamora.
- O galego na Unión Europea O galego é desde finais de 2005 lingua presente nas institucións europeas. Este feito constitúe un recoñecemento ao plurilingüismo natural dos países que a integran. Os cidadáns e as cidadás de Galicia que se dirixan aos órganos europeos que os representan poden usar tamén o galego para esas comunicacións e teñen dereito a recibir contestación nesta lingua.
- Cursos de galego no exterior A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza e colabora periodicamente na realización de cursos e outras actividades de formación co obxecto de dar a coñecer a lingua e a cultura galegas fóra de Galicia.
-
Rede de Centros de Estudos Galegos A posibilidade de estudar a lingua e a cultura de Galicia en Universidades de América e de Europa é unha realidade consolidada que leva contribuído de maneira fundamental á difusión do galego no exterior, á investigación lingüística desde perspectivas moi diversas e tamén ao prestixio da lingua entre os seus propios falantes, ao observaren o interese e o recoñecemento que posúe fóra das fronteiras administrativas de Galicia.
Formación
- 11/02/26 Cursos Celga 2, 3 e 4
- 07/11/25 XXI Xornada de Normalización Lingüística 2025
- 10/10/25 Xornadas Olladas no Pasado 2025