Volver

Informe Anual do Igadi e informe de acción exterior 'Nós no mundo'

Publicacións do IGADI coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

O IGADI Annual Report é o informe anual de relacións internacionais e política global do IGADI. Serve para realizar unha análise da xeopolítica internacional desde Galicia, no obxectivo de achegarse aos acontecementos máis destacados do ano, así como as dinámicas de fondo que modelan a realidade internacional e as perspectivas principais do ano en curso.

Nós No Mundo é o informe anual do IGADI arredor da acción exterior de Galicia. De maneira singular o Nós No Mundo céntrase cada ano de maneira específica nun tema da axenda da internacionalización galega. Desde a definición temática o Nós No Mundo funciona como informe regular de seguimento das políticas públicas oficiais da acción exterior galega.

Os dous informes publícanse de maneira regular desde o 2007-2008 e entre as súas autorías destacan persoas investigadoras, académicas, diplomáticas, xornalistas, activistas ou empresarias…

Ambos os volumes saen do prelo coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística