Novas

Temos dispoñibles para consulta  900  novas

15/10/2026 11:18

A Xunta convoca os exames Celga en liña por segunda vez co dobre de prazas que o ano pasado

A proba, que certifica o dominio da lingua no nivel 4, terá lugar o 27 de novembro para un total de 200 persoas

O prazo para presentar as solicitudes é de dez días hábiles a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia

As inscricións deben facerse a través da sede electrónica do Goberno galego e da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua

13/10/2026 05:24

Valentín García pon en valor as actividades extraescolares “para prestixiar o uso do galego” no marco do novo Plan Xeral da Lingua

O secretario xeral da Lingua destaca o emprego do idioma “máis alá das aulas, nas accións que se desenvolven nos centros educativos como espazos de socialización”

Acompaña o alumnado participante nun obradoiro de xogos de mesa no colexio Canosa-Rus de Coristanco, que percorrerá outros centros de ensino da Comunidade

06/10/2026 03:35

López Campos dá conta no Parlamento de Galicia das preto de 700 medidas recollidas no Plan xeral de lingua

O responsable autonómico de Lingua debulla as principais liñas de actuación para favorecer o uso do galego entre a poboación foránea, no ámbito dixital e nas redes sociais

A renovación do documento contou coa colaboración dos máis de 130 profesionais que formaron parte das comisións e inclúe preto de 1400 achegas feitas por entidades, institucións e particulares

O texto será sometido a votación no Pleno de mañá despois da súa valoración por parte das formacións políticas

30/09/2026 12:36

Valentín García destaca o “papel fundamental do eido dixital no uso e prestixio da lingua”

Sinala que a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega “presta especial atención ás tecnoloxías como novas formas de comunicación entre as xeracións máis novas”

Ademais, fai referencia ao ‘Proxecto Nós’ como unha das máis importantes iniciativas da Xunta “para que o galego sexa unha lingua habitual nas plataformas”

29/09/2026 07:15

Anxo M. Lorenzo destaca “o labor a prol da lingua e da cultura” do Premio de Poesía Afundacion

Sinala a importancia de apoiar citas como esta porque “contribúen a enriquecer e prestixiar a nosa produción poética”

Lembra o bo momento que vive Galicia neste xénero con recoñecementos nacionais como os recibidos por Miriam Reyes, Chus Pato ou Yolanda Castaño nos últimos anos