Novas

Temos dispoñibles para consulta  827  novas

22/04/2026 03:24

López Campos salienta a suba en nove puntos da lectura en galego, que supón que en Galicia sete de cada dez persoas le na nosa lingua

O representante da Xunta destaca os datos do ‘Informe de Hábitos lectores en 2025’, que reflicte unha suba de nove puntos neste indicador con respecto ao ano anterior

O titular de Cultura celebra a consolidación “dunha Galicia lectora” cun 96,5% da poboación maior de 14 anos que le en calquera medio ou soporte, “situándonos por riba da media estatal”

Apunta a suba da lectura no soporte dixital, en 2,2 puntos, e dos oíntes de audiolibros en máis de tres

Celebra o “bo momento” do libro galego e pon en valor o “compromiso e constante apoio” do Goberno galego cun investimento de 3M€ para este sector

20/04/2026 01:27

Valentín García destaca “a implicación da veciñanza na conservación dun tesouro como é a toponimia”

Durante este 2026 levaranse a cabo charlas en 12 novos concellos para impulsar a colaboración cidadá na recollida de microtopónimos

A iniciativa, enmarcada no proxecto Galicia Nomeada, leva incorporados neste momento 110.000 rexistros de nomes de montes, praias ou camiños, entre outros

Coas novas localidades, ao longo destes anos terán participado un total de 120 municipios