Novas

Temos dispoñibles para consulta  872  novas

07/07/2026 10:50

A música urbana en galego de 9Louro conquistará este xoves o ‘Atardecer no Gaiás’

O rapeiro de Muros presentará en concerto gratuíto na Cidade da Cultura o seu segundo traballo ‘Amorrer’

Na próxima semana, as actuacións ao aire libre do Gaiás terán ao novo tradi galego como protagonista, con Maricarme e Unto Vello

O ciclo forma parte da segunda campaña ‘Para gustos, cultura’ que levará máis de 3.600 actividades a 200 municipios galegos este verán

29/06/2026 03:19

A Xunta e a fundación Repsol impulsan a creación literaria en galego co XX Premio Narrativa Breve

O representante da Consellería de Cultura enxalza a “relevante contribución” do certame á promoción de autores e da lectura na nosa lingua

Este galardón, referente xa consolidado nas letras galegas, inclúe a publicación da novela coa Editorial Galaxia

Co motivo dos 20 anos da súa creación, o certame incrementa a súa contía económica en 3.000€ e estará dotado con 15.000 euros

Case 600 obras se teñen presentado desde a súa posta en marcha

28/06/2026 07:13

López Campos reivindica a “fonda pegada” na traxectoria vital de Castelao da estadía na Estrada

Considera “de xustiza” recoñecer os importantes vencellos do intelectual galeguista co municipio, “onde hai 90 anos ofreceu un dos seus discursos a prol do Estatuto”

O representante da Xunta pon en valor que a instalación incorpore a ‘Carta aos estradenses’ para divulgar os “estreitos lazos” entre o escritor e esta localidade

25/06/2026 12:28

A Xunta dinamiza o galego no repertorio das corais con obradoiros de canto impartidos polo grupo De vacas

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, pon en valor esta actividade non só en materia de lingua, senón pola conexión interxeracional entre as formacións musicais

23/06/2026 02:41

Valentín García salienta a contribución dos premios de microrrelatos de Feiraco ao maior emprego e prestixio do galego

O certame recoñece a María José Iglesias, Gemma Rojo e Jacobo Vieites na categoría adulta, e a Iria García, Adriana González e Valery Reyes, na modalidade xuvenil

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca o papel da literatura “no achegamento e convencemento do uso da lingua entre a mocidade”

Celebra que cada vez máis empresas estean comprometidas co noso idioma