Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu ao encontro de artistas Castelao cen anos despois. A nobre arte de facer Cousas, organizado pola Fundación Castelao en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua no marco do centenario da publicación da obra Cousas. O acto, celebrado no salón de actos do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, recoñeceu o traballo levado a cabo por centos de entidades e artistas durante o pasado Ano Castelao para honrar a figura do artista rianxeiro, ao que a cultura galega e os seus profesionais seguen tendo moi presente no seu labor. Canda o secretario xeral, participaron no encontro Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao; as artistas Uxía, Alba Pardo, Miguel Pérez Ramudo, Paula Carballeira, Inacio Vilariño e Lucía Aldao, e mais Javier Turnes, vicedirector do IES.