Valentín García inaugura en Lugo as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego. Saudade de Ramón Piñeiro

Lugo, 5 de novembro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na inauguración das II Xornadas Anuais de Pensamento Galego. Saúdade de Ramón Piñeiro, nun acto que se celebrou na Casa do Concello e no que tamén participou a alcaldesa, Elena Candia. Estas II xornadas acóllenas a cidade de Lugo e a o municipio natal de Ramón Piñeiro, Láncara, do 5 ao 7 de novembro, dedicadas ao político, filósofo e escritor e á súa contribución ao pensamento, á filosofía e á lingua galega. O encontro reúne especialistas e investigadores nun programa que combina intervencións académicas, actividades culturais e percorridos por espazos relacionados coa vida do intelectual lucense. Están promovidas e organizadas por Egeria e Brandán Comunicación e contan co patrocinio da Xunta de Galicia e do Concello de Lugo, entre outras entidades. A coordinación científica correspóndelle a Marcelino Agís Villaverde, Agustín Dosil Maceira, Miguel Ángel Martínez Quintanar e Xulio Xiz Ramil. Máis información no Portal da Lingua Galega.

Imaxes relacionadas