Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación do VII O Son da Gaita, unha das principais citas dos amantes da gaita galega e da música tradicional cos mellores intérpretes do país, organizada pola Asociación Cultural Pai da Cana coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Poio (Pontevedra). Será o vindeiro 25 de outubro no Pazo de Besada (Poio) e incluirá como novidade nesta edición a entrega do novo galardón O Son da Gaita á Traxectoria ao gaiteiro e artesán Antón Corral.