Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no acto de entrega de premios da XII edición do Concurso Literario Mazarelos, que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A iniciativa ten como obxectivo fomentar a creatividade e contribuír a que a mocidade universitaria desenvolva a capacidade de expresión en lingua galega. Participaron canda García Gómez a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, e mais o decano Elias Feijo.