Silleda (Pontevedra), 24 de outubro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto conmemorativo do 40º aniversario da apertura do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira. O inmoble abriu as súas portas como escola en 1930 e na década dos anos 70 foille cedido ao Concello de Silleda por iniciativa da veciñanza. Desde o ano 1986 funciona como un dos núcleos dinamizadores máis importantes da lingua e da cultura galegas da Comarca do Deza.