Valentín García participa en Vigo na apertura do Simposio Begoña Caamaño: literatura, xornalismo e vida

Vigo, 21 de novembro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Vigo na apertura do  Simposio das Letras Galegas 2026  Begoña Caamaño: literatura, xornalismo e vida, promovido anualmente pola Real Academia Galega (RAG) coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. No acto, celebrado no Museo MARCO, participaron canda o secretario xeral da Lingua, a irmá de Begoña Caamaño,  Beatriz Caamaño; o  presidente da RAG, Henrique Monteagudo; a coordinadora do programa, a académica María López Sández,  e a concelleira de Normalización Lingüística de Vigo, Olga Alonso.

Imaxes relacionadas