Valentín García participa en Negreira na presentación de A arte de non morrer, de Roberto Fernández

Negreira (A Coruña), 20 de novembro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe en Negreira na presentación da obra A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega, de Roberto Fernández Álvarez, gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025. No acto, que se celebrou na Casa da Cultura, participaron ademais do responsable da Lingua e o autor, Xosé Amancio Liñares Giraut, historiador e investigador colaborador do Centro Ramón Piñeiro, e o médico Antonio Pose Reino.

Imaxes relacionadas