Premio de Oratoria "Orador do Ano Oteriano 2026 Ramón Otero Pedrayo"
Organizado pola Fundación Otero Pedrayo e pola Asociación de Amigos de Ramón Otero Pedrayo, conta co patrocinio da Secretaría Xeral da Lingua, ademais do da cooperativa agraria Coren.
Destinado a recoñecer as mellores pezas de oratoria en lingua galega difundidas en Galicia ou elaboradas expresamente para o concurso, sempre que se enmarquen no chamado mundo oteriano ou universo oteriano, isto é, na vida, obra, pensamento ou legado cultural de Ramón Otero Pedrayo.
As candidaturas poden ser presentadas por:
- Persoas ou grupos interesados
- Entidades culturais
- Calquera membro do xurado.
Enviaranse ao correo electrónico da Fundación Otero Pedrayo: fundacion.otero.pedrayo@gmail.com e o prazo de presentación das pezas rematará o día 15 de novembro de 2026.
Documentos relacionados
-
Bases PDF