A Comisaría Provincial de Lugo, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, convoca o Concurso de Debuxo "200 Aniversario da Policía Nacional", un certame aberto a todo o alumnado dos centros de educación primaria e educación especial da provincia lucense.
Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces, a Deputación de Pontevedra e a Fundación Xosé Neira Vilas, convocan a novena edición deste certame literario.
RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).
- Resolución do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 Ligazón ao DOG
A Secretaría Xeral da Lingua, a Fundación Xosé Neira Vilas e a Editorial Galaxia convocan a primeira edición deste certame literario.
ORDE do 13 de maio de 2024 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2024 (Código de procedemento PL500F)
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Corrección de erros Ligazón ao DOG
ORDE do 13 de maio de 2024 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2024 (Código de procedemento PL500E).
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
Orde do 24 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PL400B).
- Formato HTML
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Extracto da orde Ligazón ao DOG
Convócase o VI Certame de Podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, «O Vello dos Contos», organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte... nas Ondas!.
ORDE do 2 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2024, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Formato HTML
ORDE do 13 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PL400A).
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Extracto Ligazón ao DOG