Temos dispoñibles para consulta 433 convocatorias
Cursos Celga 2, 3 e 4. Listaxes de persoas seleccionadas
21/03/2024 16:30 Formación

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Seminario Investigación e crítica na LIX (2004 - 2024)
11/03/2024 12:30 Formación

Promovido pola Rede LIJMI conxuntamente co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

XXXIV edición dos cursos de lingua e cultura galegas: Galego sen fronteiras
05/03/2024 10:30 Formación

Organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. 

III Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer
05/03/2024 10:00 Premios e certames

A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca a terceira edición dun certame literario destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.

28/02/2024 08:00 Premios e certames

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

09/02/2024 12:55 Probas

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

  • Resolución do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4 Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C