Destinada a creadores que queiran mostrar o seu proxecto artístico de música ou artes en vivo en calquera disciplina (circo, danza, poesía, pintura…).
O lugar de exhibición será o día 20 de xullo, na ponte internacional de Tui-Valença, no marco do festival IKFEM, que conta co apoio da Xunta de Galicia. Será un espazo animado para poñer en valor a creatividade e o emprendemento do talento galego e portugués.
A organización do IKFEM fará unha selección dos proxectos presentados para a demostración en vivo. Darase prioridade ás propostas dos creadores do territorio da Eurocidade Tui-Valença. Ademais, a AECT Galicia- Norte de Portugal outorgará o recoñecemento “Talento Eurorrexión 2024” ao mellor proxecto.