XXVI Encontros para a Normalización Lingüística
O Consello da Cultura Galega organiza, co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, os XXVI Encontros para a Normalización Lingüística, que se van desenvolver o martes, 15 de outubro, na sede desta institución no pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.
“Vivir e perdurar na nosa lingua” é o lema desta xornada que poñerá o foco na lingua escollida para os actos funerarios na actualidade, como son os seus rituais nas cerimonias civís e relixiosas e de que recursos dispoñen as empresas para atenderen a demanda de servizos en galego.
A exposición de iniciativas dinamizadoras realizadas en diferentes entidades públicas e privadas poralles o fin e remate a estes encontros.
Documentos relacionados
-
Programa PDF