XX Premio Narrativa Breve Repsol
A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio Narrativa Breve Repsol.
A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora das tres ultimas edicións anteriores, cunha novela curta escritura en lingua galega, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega.
As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 120.000 caracteres con espazos incluídos nin superior a 270.000 caracteres con espazos incluídos.
Na creación dos textos non se pode empregar ningunha clase de IA xenerativa. Dita circunstancia se acreditará na declaración xurada da orixinalidade da obra, autoría e non uso de IA xenerativa na súa redacción.
As novelas enviaranse ata o 31 de xullo de 2026, facendo constar no sobre Premio Narrativa Breve Repsol, ao seguinte enderezo postal:
Complexo industrial Repsol A Coruña
Apartado de correos 700
15080 A Coruña
Establécese un único premio dotado con quince mil euros (15.000 €).
Documentos relacionados
-
Bases PDF