Resolución definitiva da convocatoria 2026 de bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 (Código de procedemento PL500E)

Resolución definitiva da convocatoria de lectorados bolseiros

Proposta de resolución definitiva da convocatoria de lectorados bolseiros (procedemento PL500E).

Resolución provisional da convocatoria de lectorados bolseiros

Proposta de resolución provisional da convocatoria de lectorados bolseiros (procedemento PL500E).

Esta proposta de resolución provisional estará exposta a información pública por un prazo de dez días contados a partir do día seguinte á data de publicación. Durante este prazo, as persoas interesadas poderán formular as alegacións que consideren pertinentes nos lugares e formas indicados.

Relación definitiva de admitidos, excluídos e desistidos

Logo de rematar o prazo de presentación de reclamacións contra as ditas listaxes, establecido no artigo 9.2 da antedita orde, publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas (anexo I), excluídas (anexo II) e desistidas (anexo III).

Relación provisional de admitidos, excluídos e desistidos

Publicación das listaxes provisionais de admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días, contados a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes, para presentar as reclamacións que, contra elas, estimen pertinentes.

CONVOCATORIA

No Diario Oficial de Galicia publicouse este 29 de maio, a convocatoria 2026 para as prazas que se relacionan a continuación:

Destino Localidade País Inicio Remate
Universidade do Algarve Faro Portugal 01/10/26 30/09/29
Universitat Autònoma de Barcelona Barcelona España 01/10/26 30/09/29
Universitat de Barcelona Barcelona España 01/10/26 30/09/29
Universidad de Extremadura Extremadura España 01/10/26 30/09/29
Universidade Nova de Lisboa Lisboa Portugal 01/10/26 30/09/29
Università degli Studi di Padova Padua Italia 01/10/26 30/09/29
Universidade do Estado do Río de Janeiro Rio de Janeiro Brasil 01/01/27 31/12/29
Universidade de Sâo Paulo Sâo Paulo Brasil 01/01/27 31/12/29
Sveučilište u Zadru Zadar Croacia 01/10/26 30/09/29

 

As entrevistas realizaranse de forma virtual (por videoconferencia) no mes de xullo.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 30 de maio e o 29 de xuño de 2026.

Documentos relacionados

  • Relación provisional de admitidos, excluídos e desistidos PDF

  • Relación definitiva de admitidos, excluídos e desistidos PDF

  • Resolución provisional PDF

  • Resolución definitiva PDF

Normativas relacionadas