Volver

XXXVI edición dos cursos de lingua e cultura galegas: Galego sen fronteiras

Organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. 

Os cursos están destinados a persoas de fóra de Galicia e terán lugar en Santiago de Compostela entre os días 3 e 24 de xullo de 2026.

A organización ofrece: 45 bolsas por un importe de 400 € para persoas residentes fóra de Galicia e 5 bolsas de 600€ reservadas para persoas procedentes de América Latina; nos dous casos haberá exención de pagamento de matrícula. E, ademais, 15 bolsas que eximen do pagamento da matrícula, mais que carecen doutra retribución económica.

Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos.

O prazo para a recepción das solicitudes remata o 6 de abril de 2026.